A pasada fin de semana celebrouse a primeira edición de “Miranda Xacobea, punto de encontro no camiño”, en Miranda de Ebro, onde A Guarda participou como concello invitado. A afluencia ao evento foi un éxito durante os tres días, acudindo veciñanza da vila e da comarca e asociacións e entidades do Ler máis
A pasada fin de semana celebrouse a primeira edición de “Miranda Xacobea, punto de encontro no camiño”, en Miranda de Ebro, onde A Guarda participou como concello invitado.
A afluencia ao evento foi un éxito durante os tres días, acudindo veciñanza da vila e da comarca e asociacións e entidades do Camiño de Santiago. Moitos achegáronse ao stand da Guarda atraídos polas imaxes das paisaxes guardesas.
Algunhas persoas confesaron que xa visitaran o castro de Santa Trega, mais que volverían para coñecer máis a fondo a nosa vila. Tamén chamou a atención dalgunhas asociacións do Camiño que xa comezaron a organización da súa próxima peregrinación dende A Guarda.
O sábado produciuse a presentación oficial do Encontro, onde o tenente alcalde, Óscar Alonso, agradeceu a organización deste evento que permite dar a coñecer A Guarda como primeiro municipio galego no Camiño Portugués pola Costa e tamén como destino turístico.