A Guarda vestirase de flores na fin de semana do Corpus Christi

31 de maio de 2018·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Decenas de veciñas e veciños traballarán durante a noite do sábado na decoración das rúas coas tradicionais alfombras florais | Este será o último fin de semana para realizar a ruta gastronómica «Tapearte». O municipio guardés prepárase dende hai semanas para vivir unha das súas festividades máis destacadas, coa elaboración de Ler máis

Decenas de veciñas e veciños traballarán durante a noite do sábado na decoración das rúas coas tradicionais alfombras florais | Este será o último fin de semana para realizar a ruta gastronómica «Tapearte».

O municipio guardés prepárase dende hai semanas para vivir unha das súas festividades máis destacadas, coa elaboración das tradicionais alfombras florais que cubrirán as rúas do casco antigo do pobo na fin de semana do Corpus Christi. Decenas de guardesas e guardeses traballan a esgalla estes días para ultimar os preparativos, que comezarán a tomar forma durante a tarde e a noite do sábado.

 

Os veciños, veciñas e visitantes poderán gozar das coloridas tapicerías xa na mañá do domingo, tras toda unha noite de traballo. Estas poderánse contemplar na Praza do Reló, a praza Ignacio Sobrino, a praza José María Lomba e as rúas Oliva, Hernán Cortés, Malt

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese