O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes. Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, Ler máis
O Nadal chega á Guarda cunha extensa e variada programación de actividades que se presentaron este venres día 30 de novembro por parte da Concelleira de Cultura, Elena Baz; o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba e a Concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes.
Teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis, son algunhas das actividades previstas dende o 5 de decembro ata o 6 de Xaneiro, un mes no que A Guarda vivirá na maxia do Nadal.
A programación de actividades arrincan xa o mércores 5 de decembro co acendido da iluminación de Nadal ás 20:30h na Praza do Reloxo, dende as 20:00h contarase con animación a cargo de Barafunda cos espectáculos “A xogar cos Trasnos” e “Lolo Globotolo”. “A xogar cos Trasnos” é unha gran festa chea de cor e de sorrisos onde os nenos e nenas poderán bailar coma tolos e xogar coa música, un espectáculo de movemento interactivo con xogos, cancións de animación, globos e mo