O pasado mércores 10 de abril celebrouse no Hotel Pazo dous Escudos de Vigo a Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra, evento para recoñecer a importancia do sector turístico da provincia e onde se fixo entrega dos distintivos SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino. En Ler máis
O pasado mércores 10 de abril celebrouse no Hotel Pazo Os Escudos de Vigo a Gala Anual de Turismo da Deputación de Pontevedra, evento para recoñecer a importancia do sector turístico da provincia e onde se fixo entrega dos distintivos SICTED, Sistema Integral de Calidade Turística Española en Destino.
No acto estivo presente o Alcalde da Guarda, Roberto Álvarez Carrero, e unha representación dos establecementos do municipio que tamén renovaron o seu distintivo.
O Concello da Guarda integra o destino turístico “Provincia de Pontevedra-Rías Baixas” e leva traballando dende o 2009 na implantación do distintivo SICTED coa Oficina de Turismo e a praia do Muíño recollendo o seu diploma da renovación.
Actualmente no Concello da Guarda hai 10 establecementos turísticos e distinguidos e que seguen renovando e apostando polo compromiso da calidade no seu servizo:
Aloxamentos:
- Albergue O Peirao
- Camping Santa Tecla
- Hotel Apartamentos Marouco
- Hotel Vila da Guarda
Restaurantes:
- Arruaz
- Casa da Avoa
- Celtic
- O Cangrexal
- Xantar
Bar:
- A Botica
Sobre o distintivo
A Deputación de Pontevedra financia este proxecto na súa totalidade: adhesión, formación, implantación e avaliación. Ademais a Xunta de Galicia puntúa este distintivo de calidade na valoración de méritos de axudas e subvencións.
O SICTED é un proxecto de mellora da calidade dos destinos turísticos promovido pola Secretaría de Estado de Turismo e a Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP). Traballa con empresas e servizos de ata 37 oficios diferentes co obxectivo de mellorar a experiencia e a satisfacción dos turistas. Para logralo, o sistema ofrece ás empresas e servizos adheridos un plan de formación, asistencia técnica, obradoiros, grupos de traballo e manuais de boas prácticas.
A obtención do distintivo SICTED implica o cumprimento dos requisitos fixados, e dá conta do esforzo e o compromiso coa calidade e a mellora continua, á vez que distingue ao establecemento fronte á competencia. O certificado ten validez benal, aínda que precisa da superación dunha avaliación anual de seguimento.
Ata xuño está aberto o prazo de adhesión ao proxecto SICTED para este 2024 para aquelas empresas ou servizos interesados poden contactar coa Oficina de Turismo da Guarda.
