A praia de O Mu

6 de novembro de 2020·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda vén de rematar recentemente a instalación dos novos módulos para socorrismo e baños adaptados na Praia do Muíño, unhas instalacións que veñen a completar as obras realizadas coa mellora da accesibilidade a este espazo natural de gran afluencia de visitantes na tempada estival. De Ler máis

O Concello da Guarda vén de rematar recentemente a instalación dos novos módulos para socorrismo e baños adaptados na Praia do Muíño, unhas instalacións que veñen a completar as obras realizadas coa mellora da accesibilidade a este espazo natural de gran afluencia de visitantes na tempada estival.

Desta maneira instaláronse dous módulos, un para o servizo de socorrismo con sala de curas independente da sala de persoal e aseo e outro módulo para aseos, de dúas cabinas, unha delas acondicionada para persoas con mobilidade reducida. Tamén conta cun almacén para os materiais de limpeza de praias.

Tamén se instalaron dous postos de vixilancia, un para a praia do Muíño e outro para a praia da Area Grande, con estrutura de madeira para mellorar o campo de visión dos socorristas, así como a adquisición de dúas táboas de surf para o rescate de vítimas na auga.

O orzamento total para estas instalacións ascendeu a 51.158,34€ + IVE

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese