A praia guardesa de “O Muíño” alza o distintivo de Bandeira Azul

2 de xullo de 2019·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

O sábado 29 de xuño tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul na praia do Muíño coa que se marca o inicio da tempada de verán nesta recoñecida praia da Guarda, ao contar co servizo de socorrismo dende o pasado sábado. Ata a praia do Ler máis

O sábado 29 de xuño tivo lugar o acto de izado da Bandeira Azul na praia de O Muíño coa que se marca o inicio da tempada de verán nesta recoñecida praia da Guarda, ao contar co servizo de socorrismo dende o pasado sábado.

Ata a praia de O Muíño desprazáronse o Alcalde, Antonio Lomba; o tenente-alcalde, o nacionalista Anxo Baz; a Concelleira de Turismo, a nacionalista Bea Lomba; o Concelleiro de Medio Ambiente; o nacionalista Xan Lois Lomba; a Presidenta da Entidade Local Menor de Camposancos, a nacionalista Mercedes Martínez e xunto cos socorristas izaron o distintivo co que conta esta praia emblemática da franxa costeira, Bandeira Azul e o de «EcoPraias».

Este ano no primeiro procedemento de contratación de socorristas non se cubriron as prazas necesarias para dar servizo nas dúas praias con bandeira Azul(O Muíño e Area Grande), polo que, mentres non se complete o cadro de persoal, o servizo de socorrismo prestará servizo só na praia de O Muíño, por ter esta unha maior afluencia de bañistas e pola súa situación na desembocadura do Río Miño.

Está xa en marcha un segundo procedemento para poder contratar a totalidade dos socorristas necesarios para atender a estes dous areais guardeses, unha vez rematado izarase tamén en Area Grande a correspondente Bandeira Azul.

A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público o listado de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán. Un ano máis as praias de “O Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda foron destacadas co distintivo internacional de bandeira azul como recoñecemento á calidade medio ambiental e aos servizos que ofertan.

Estas praias contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análises de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que atende aos dous areais e que comeza co arranque estival.

Ao Concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente ao mantemento e mellora das actuacións e servizos véndose recompensado un ano máis coas dúas bandeiras azuis para o concello.

Nesta resolución tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendero Azul” ao camiño que une ambas praias. Este camiño ten o recoñecemento dende o ano 2013. A finais do pasado ano o Concello da Guarda enviou a documentación da candidatura para que as súas praias e o sendeiro conseguisen este distintivo. Despois de pasar un tribunal nacional e tamén un internacional, finalmente alcanzouse un resultado favorable.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese