A praia guardesa de “O Muíño” xa luce o distintivo de Bandeira Azul

16 de xullo de 2021·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Ademais a praia do Muíño contará co distintivo de Ecopraia • Tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” ao camiño que une ambas praias. No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) Ler máis

• Ademais a praia do Muíño contará co distintivo de Ecoplaya
• Tamén se lle adxudicou o distintivo de “Sendeiro Azul” ao camiño que une ambas praias.

No mes de maio a Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC), e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) fixeron público a listaxe de todas as bandeiras azuis que se concederon no territorio español para esta tempada de verán.

As praias do “Muíño” e “Area Grande” do Concello da Guarda recibiron o distintivo de bandeira azul como recoñecemento á calidade medioambiental e aos servizos que ofertan. Ademais concesiose o “Sendeiro Azul”, camiño que une estas dúas praias.

O xoves 15 de xullo izouse a Bandeira Azul na Praia do “Muíño” tendo que renunciar ao distintivo en Area Grande ao non poder cumprir co compromiso do servizo de socorrismo. Ante a dificultade de completar o cadro dos socorristas necesarios para dar servizo de salvamento nas dúas praias, acordouse que a praia do “Muíño” dispoña do servizo de luns a domingo de 12:00h a 20:00h e tentarase tamén atender con socorristas á praia de “Area Grande” sempre que sexa posible durante as fins de semana.

A praia do Muíño contan cos servizos esixidos por Bandeira Azul como paneis informativos, análises de augas, servizo de limpeza e de recollida de residuos, duchas e aseos, e o servizo de salvamento e socorrismo que dende o venres 9 de xullo. Ademais esta praia fluvial está acondicionada para persoas con discapacidade con pasarela accesible e cadeira anfibia que facilita o baño aos usuarios que o soliciten.

O Concello da Guarda quere resaltar o esforzo realizado para a súa concesión no referente ao mantemento e mellora das actuacións e servizos a pesar das dificultades na contratación dos socorristas.

Ademais a praia do “Muíño” contará co distintivo de Ecoplaya concedido por ATREGRUS, Asociación técnica para a xestión de residuos e Medio Ambiente. Este distintivo recoñece o esforzo da limpeza manual das praias xa que non se utiliza maquinaria que remova a area. Por isto, respéctase o delicado ecosistema dunar.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese