Como peche ao verán a Concellaría de Desenvolvemento Local da Guarda organiza un Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados deste último fin de semana de agosto e o primeiro de setembro. O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres Ler máis
Como peche ao verán a Concellaría de Desenvolvemento Local da Guarda organiza un Mercado Artesanal que terá lugar na Praza de Avelino Vicente durante os venres e sábados deste último fin de semana de agosto e o primeiro de setembro.
O horario de apertura deste mercado artesanal é para o venres e o sábado de 10:30 a 14:00 e de 17:00 a 20:30h.
A finalidade deste mercado é a de ofrecer unha oportunidade ao sector da artesanía e produtos locais, especialmente golpeados durante este verán pola crise sanitaria.
Neste mercado van asistir artesáns da Guarda e da nosa contorna onde ofrecerán as súas elaboracións en bordado, marroquinería, complementos ou mesmo decoración.
Tamén participarán asociacións e entidades de acción social que tanta axuda prestaron e prestan durante a pandemia.
Nestes últimos días do verán este mercado artesanal e a programación procurarase que sexa un atractivo máis entre os veciños e visitantes para que gocen do noso comercio e cultura.