Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que agardar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego. Aínda que este primeiro fin de semana de xullo non Ler máis
Tradicionalmente a programación de verán do Concello da Guarda daba comezo coa Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira, pero haberá que agardar ao 2022 para celebrar o 30º aniversario desta festa gastronómica declarada de Interese Turístico Galego.
A pesar de que esta primeira fin de semana de xullo non se poderá celebrar a tradicional festa gastronómica debido ás actuais restricións sanitarias, si haberá unha programación especial para conmemorar que A Guarda é un destino escollido por moitos visitantes para degustar da nosa cociña e da nosa gastronomía.
A lagosta, o peixe espada e a cociña mariñeira son os pratos estrela da nosa gastronomía, que grazas ao bo facer dos restaurantes fixeron que A Guarda estea considerada como un destino gastronómico recoñecido na provincia de Pontevedra e que nesta primeira fin de semana de xullo poderán degustar os visitantes e os veciños guardeses, xunto cunha programación cultural para o desfrute de todos.
A primeira actividade proposta terá lugar na xornada do venres 2 de xullo coa observación de estrelas no Puntal, nunha actividade titulada “VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS” que se prolongará os días 2, 9, 23 e 30 de xullo e para a cal é necesario unha inscrición previa a través do correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com
A fin de semana continuará nas xornadas do sábado 3 e domingo 4 de xullo con diversas propostas de entretemento con pasarrúas, maxia e concertos musicais.
Programa do INICIO DO VERÁN NA GUARDA:
Venres 2
23:00h – VENRES DE XULLO BAIXO AS ESTRELAS.
No Puntal. Inscrición previa na Oficina de Turismo.
Sábado 3
11:30h – CONCERTO DO CORO COA COLABORACIÓN DE GUADI GALEGO.
No Auditorio de San Bieito. Inscrición previa no Centro Cultural.
12:30h – PASARRÚAS INFANTIL: «LANGOSTA E O MUNDO DO MAR».
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.
20:30h – ESPECTÁCULO DE MAXIA DE CAYETANO LLEDÓ: “TITANIC”.
No Auditorio de San Bieito. Inscrición previa no Centro Cultural.
Domingo 4
12:00h – PASARRÚAS MUSICAL COA BATUKADA «BATE NO COBRE».
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 2 horas.
20:30h – PASARRÚAS INFANTIL: «O SÉQUITO DO CAPITÁN NEMO»
Comeza na Praza de Avelino Vicente, Rúa Concepción Arenal e porto.
Duración 1 hora.
