• Este xoves ás 17:00h concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental ás 17:00h na Praza do Reló (inscrición previa). • O sábado ás 17:30h espectáculo de maxia no Centro Cultural con “O Cinematomago” (inscrición previa). • A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias Ler máis
• Este xoves ás 17:00h concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental ás 17:00h na Praza do Reló (inscrición previa).
• O sábado ás 17:30h espectáculo de maxia no Centro Cultural con “O Cinematomago” (inscrición previa).
• A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é necesario realizar inscrición previa.
Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, seguindo coas actuacións musicais, o xoves día 17 de decembro ás 17:00h na Praza do Reló, será a quenda do concerto do Coro Infantil do Conservatorio de Música Elemental da Guarda (en caso de choiva quedaría anulado). Para asistir a este evento é necesario formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no correo electrónico culturaguarda@gmail.com
O venres 18 de decembro ás 17:00h as rúas da Guarda encheranse cun divertido repertorio especial de Nadal con “O Belén de Pulpiño” de Pulpiño Viascón, pensado para todos os públicos. Esta proposta que percorrerá as rúas da vila para amenizar o paseo vespertino (se a choiva o permite) non é necesaria inscrición previa.
Marcos Aboal Vázquez, coñecido artisticamente como Pulpiño Viascón, adapta o seu divertido repertorio ás Festas de Nadal, da man de múltiples instrumentos: divertidas repicochas galegas ou o clásico «noite de paz» cun serrucho musical serán o preludio para un final de show apoteósico. En caso de choiva o show quedaría aprazado a unha mellor data.
De cara á fin de semana temos dobre sesión para o sábado 19, ás 12:00h nova entrega de “Cantos de Nadal”, un evento musical no que participan pandereteiras da vila, que amenizarán a Praza de Avelino Vicente con cantigas tradicionais e de Nadal.
E pola tarde, ás 17:30h o Centro Cultural será o escenario do Espectáculo de maxia “O Cinematomago”. Emoción, recordos, risas e moita ilusión espérannos neste novo espectáculo do Mago Paco. O “Cinematomago” é un personaxe que converte as imaxes en movemento en maxia, repasando os diferentes clásicos do cinema de todos os tempos a través da maxia e convertendo esas típicas escenas nun espectáculo máxico ao vivo, coa colaboración imprescindible do seu público. Para asistir a este evento é necesario formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850 (en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no correo electrónico culturaguarda@gmail.com
PROPOSTAS PARA AS PRÓXIMAS SEMANAS
Xa na próxima semana, coa chegada das vacacións de Nadal, para os máis pequenos incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”, que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro “Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas (22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h).
O último evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil

