Este sábado, 7 de outubro, celebrarase a última das seis «andainas» que conforman o calendario organizado polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha para este ano. Nesta ocasión, os participantes poderán gozar dun percorrido polo municipio portugués de Ponte de Lima a través da Ler máis
Este sábado, 7 de outubro, celebrarase a última das seis «andainas» que conforman o calendario organizado polo Concello da Guarda e a Cámara Municipal de Caminha para este ano. Nesta ocasión, os participantes poderán gozar de un percorrido polo municipio portugués de Ponte de Lima a través da coñecida ruta das Lagoas de Bertiandos e São Pedro de Arcos
O autocar sairá da chaira da Sangriña ás 8:00 horas en dirección a Caminha, onde os participantes guardeses se xuntarán cos portugueses e, xa reunidos, continuarán a viaxe cara a Ponte de Lima.
A camiñata comezará en Serra d’Arga (Cerquido) e rematará en Ponte de Lima, cun percorrido total de 20 km e baixa dificultade. Na ruta, baixaremos pola ladeira da Serra d’Arga dende Cerquidos ata Bertiandos, atravesando áreas incluídas na Rede Natura.
Así, poderemos visitar o río Limia, lugar de importancia comunitaria e principal punto de interese paisaxístico e valores naturais asociados aos recursos hídricos, ás áreas de actividade agrícola e a varios elementos do patrimonio histórico-cultural do que son exemplo os muíños e as pontes.
Percorrendo a Área de Paisaxe Protexida das Lagoas de Bertiandos e San Pedro de Arcos, atravesaremos o río Estorãos a través da ecovía das Lagoas ata Ponte de Lima.
Faremos unha parada xunto ao Solar de Bertiandos despois do paseo na zona das lagoas. Ao final, xa en Ponte de Lima, teremos tempo para visitar o pobo. O regreso dos participantes á Guarda está previsto a partir das 19:00 horas.
O custo de participación por persoa é de 14 euros, previa inscrición na Oficina Municipal de Turismo situada na Casa do Concello, no teléfono 986 614 546 ou ben a través do correo electrónico turismo@aguarda.es.