A vida de Juan Bautista Alonso foi o tema elixido para pechar as Barferencias 2019 na Guarda

27 de decembro de 2019·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

O pasado xoves día 26 de decembro celebrouse a segunda Barferencia do ciclo finais de 2019 ante máis de medio cento de persoas que acudiron á Cervexaría «A Bodega» da Guarda. Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas Ler máis

O pasado xoves día 26 de decembro celebrouse a segunda Barferencia do ciclo finais de 2019 ante máis de medio cento de persoas que acudiron á Cervexaría «A Bodega» da Guarda.

Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chega a segunda na cal o historiador local J. Miguel Villa falará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Lémbranos a este deputado ás cortes da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Juan Bautista Alonso Español, nacido na parroquia guardesa de San Lourenzo de Salcidos no ano 1879, foi xurista, político, xornalista e presidente do Consello de Estado, cursando estudos en Filosofía e Leis na Universidade de Salamanca.

Na década de 1830, momento no que se instala en Madrid, levaríalle a opinar sobre os máis acuciantes problemas da España isabelina como redactor de famosos xornais, destacando de maneira notable como xurista no foro madrileño, chegando a ser deputado polas circunscricións de Madrid no 1839, de Pontevedra entre 1841 e 1843 e de Lugo no 1843. En 1843 foi subsecretario de Gobernación sendo condecorado ese mesmo ano coa Cruz de Carlos III como premio aos seus servizos neste ministerio.

No regreso dos progresistas ao poder en 1854, Juan Bautista Alonso volveu aparecer como deputado pola provincia de Pontevedra ante as Cortes constituíntes, e xa retirado da vida pública, volveu ser deputado ás Cortes, esta vez por Santiago de Compostela no 1865-1866.

Repite como parlamentario no 1872-1873, como senador pola provincia de Murcia, e exerceu de presidente interino do Consello de Estado, alcanzando a presidencia do mesmo durante a I República española.

Ao finalizar esta barferencia houbo tamén unha rolda para intervencións do público onde todos aqueles que quixeron puideron facer as súas preguntas ao conferenciante, terminando a mesma coa entrega de agasallos, realizados pola Asociación Avelaíña, para o conferenciante e para o establecemento onde se realizou esta barferencia.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos guardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de gran interese xeral e que conta cunha ampla participación. Tal e como adiantou ao final da Barferencia a Concelleira de Cultura e Patrimonio, Montserrat Magallanes, xa se están preparando os novos temas para o próximo ano 2020, que de seguro van espertar novamente o interese dos veciños e visitantes da Guarda.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese