Aberta a enquisa para aportar opinións e valoracións sobre o «Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño»

3 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

No marco da Estratexia de Turismo do «xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño», botouse a andar unha páxina web que pretende servir como mecanismo de participación a toda aquela persoa que desexe achegar as súas opinións e valoracións. Así mesmo, servirá como vehículo de comunicación de diferentes avances do plan Ler máis

No marco da Estratexia de Turismo do «xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño», botouse a andar unha páxina web que pretende servir como mecanismo de participación a toda aquela persoa que desexe achegar as súas opinións e valoracións.

Así mesmo, servirá como vehículo de comunicación de diferentes avances do plan estratéxico. Toda persoa, empresa ou institución con interese no sector turístico, pode participar accedendo á ligazón http://estratexiaturismo.riadevigobaixomino.com/.

A razón de ser desta web é a implicación e participación de profesionais do turismo e da poboación local, de cara a obter unha óptima radiografía da situación actual que sirva como punto de partida á hora de definir estratexias que permitan mellorar a competitividade do sector turístico dos 14 concellos que compoñen o xeodestino.

Dende o Concello da Guarda agradécese a participación de toda aquela persoa interesada en achegar ideas e valoracións a este proxecto turístico.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese