Aberta a inscrición para dúas novas andainas

28 de agosto de 2025·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Tras o descanso de verán das andainas organizadas pola Concellaría de Eventos Deportivos da Guarda, regresan para as dúas últimas rutas. O 13 de setembro realizarase unha saída polo concello de Lobios (Ourense), facendo unha ruta que permitirá coñecer a súa paisaxe. O día 11 de outubro pecharase este ciclo Ler máis

Tras o descanso do verán das andainas organizadas pola Concellaría de Eventos Deportivos da Guarda, regresan para as dúas últimas rutas.

O 13 de setembro realizarase unha saída polo concello de Lobios (Ourense), facendo unha ruta que permitirá coñecer a súa paisaxe. O día 11 de outubro pecharase este ciclo de andaduras cunha ruta pola Serra do Galiñeiro, na que se poderá visitar a Cova da Becha e os petróglifos de auga da Laxe.

A actividade conta con servizo de autobús para o desprazamento e guía interpretativo, polo que se establece un prezo de 20€/persoa para cada andaina. As rutas están entre os 10 e 15 quilómetros, polo que as persoas interesadas deben atoparse na condición física adecuada para realizar estes tramos e con certa dificultade polo desnivel.

Xa están abertas as inscricións para estas dúas andainas na Casa dos Alonso (terceira planta) ou ben a través do correo electrónico en turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizara a inscrición presencial.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese