Aberto o prazo de inscricións para a Feira de Artesanía da «Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira» na Guarda

22 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O concello da Guarda organiza os días 5, 6 e 7 de xullo a «Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira» na súa XXIX edición. Como nas anteriores edicións a rúa do porto acollerá a Feira de Artesanía na programación da festa os días 6 e 7 de xullo. Os artesáns Ler máis

O concello da Guarda organiza os días 5, 6 e 7 de xullo a «Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira» na súa XXIX edición.

Como nas anteriores edicións a rúa do porto acollerá a Feira de Artesanía na programación da festa os días 6 e 7 de xullo.

Os artesáns interesados poden descargar as bases para o seu coñecemento na web municipal.

O prazo de inscricións remata o vindeiro luns día 27 de maio, sendo obrigatorio presentar cumprimentada a solicitude xunto coa información que consideren oportuna como a carta de artesán ou fotografías da artesanía que elaboran a turismo@aguarda.es.

Para calquera dúbida poden contactar coa Oficina de Turismo, no teléfono 986 61 4546.

Para solicitar a participación na Feira de Artesanía da «Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira»:

-Remitir a solicitude completa a turismo@aguarda.es e incluír a documentación.

-Prazo de entrega das solicitudes: luns, 27 de maio de 2019

Descargar Bases

Descargar Solicitude

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese