Actividades culturais e de Nadal para rematar o ano na Guarda

21 de decembro de 2020·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Os “Carteros do Nadal” estarán na Guarda do 22 ao 24 de decembro para recoller as cartas dos nenos e nenas da vila. • A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é Ler máis

• Os “Carteros do Nadal” estarán na Guarda do 22 ao 24 de decembro para recoller as cartas dos nenos e nenas da vila.

• A programación conta con diversas actividades, sempre tendo en conta as medidas sanitarias vixentes e os aforos máximos para cada actividade, algunhas nas que é necesario realizar inscrición previa.

Continúa a programación de actividades do Nadal 2020 na Guarda e, coa chegada das vacacións de Nadal para os máis pequenos, incorporaranse novas propostas, como “Os carteiros de Nadal”, que recollerán as cartas dos nenos o martes 22, mércores 23 e xoves 24 decembro.

“Os carteiros do Nadal” estarán polas diferentes rúas da vila para que os nenos e nenas entreguen as súas cartas(22 e 23 en horario: 17:00h a 20:00h horas e 24 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.

O último evento do ano terá lugar o sábado 26 de decembro co Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas. Contos, música, monicreques, instrumentos con obxectos e moita interacción co público.

O evento terá lugar no Centro Cultural ás 17:30 horas. Para asistir a este evento é necesario formalizar unha inscrición previa no Centro Cultural da Guarda no 986 61 1850(en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 21:00h) ou no correo electrónico culturaguarda@gmail.com

ACTIVIDADES PARA COMEZAR O ANO

Xa no mes de xaneiro o sábado día 2 de xaneiro o Centro Cultural acolle ás 17:30h a obra de Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola. Unha representación teatral infantil e familiar, duns 60 minutos de duración, inspirada no conto de Hoffmann. No espectáculo utilízase a música que creou Tchaikowsky e está deseñado para ser interpretada tanto con formación musical como sen ela.

Os “carteiros do nadal” regresan o sábado 2, luns 4 e martes 5 de xaneiro ás rúas da Guarda(2 e 4 en horario: 17:00h a 20:00h e o 5 en horario: 10:30h a 13:30h). En caso de choiva esta actividade terá lugar no Centro Cultural.

O Martes 5 de xaneiro terá lugar a Visita dos Reis Magos, que farán un percorrido polas diferentes rúas da vila, onde as luces que se repartirán entre os nenos os guiarán dende os balcóns e fiestras das vivendas da vila. As luces, de fabricación local, serán repartidas para que os reis magos saiban onde teñen que deixar os agasallos, polo que teñen que deixalas nas fachadas das casas.

Máis actividades na Programación de Nadal 2020 na Guarda

• MERCADO DE NADAL

Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 coincidindo coa campaña de comercio e cultural adicada aos Nadal, en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOLAMADAS COS REIS MAGOS

Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videolamadas é necesario que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos proporcionaráselles un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

PROGRAMACIÓN AXENDA DE NADAL:

DECEMBRO

MARTES 22, MÉRCORES 23 E XOVES 24 DECEMBRO
“Os carteiros do Nadal”
22 e 23 en horario: 17:00 a 20:00 horas
24 en horario: 10:30 a 13:30 horas

SÁBADO 26 DE DECEMBRO
Espectáculo infantil “Zona en obras” de Brais das Hortas
No Centro Cultural ás 17:30 horas. (inscrición previa)

XANEIRO

SÁBADO 2 DE XANEIRO
Teatro Infantil “O Crebanoces” de Larraitz Urruzola.
No Centro Cultural ás 17:30. (inscrición previa)

SÁBADO 2, LUNS 4 E MARTES 5 XANEIRO
“Os carteiros do Nadal”
2 e 4 en horario: 17:00 a 20:00 horas
5 en horario: 10:30 a 13:30 horas

MARTES 5 XANEIRO
Visita dos Reis Magos.
Os reis magos visitarán durante o día as diferentes rúas da vila.

MÁIS ACTIVIDADES

• MERCADO DE NADAL
Na Praza de Avelino Vicente do 4 de decembro de 2020 ao 5 de xaneiro de 2021 en horario de 10:00h a 13:30 e de 16:00h a 19:00h

• VIDEOLAMADAS COS REIS MAGOS
Os días 3 e 4 de Xaneiro os Reis Magos contactarán con todos aqueles nenos e nenas que o desexen, para participar nestas videolamadas é necesario que se inscriban nesta actividade dende o 15 de decembro acudindo ao Centro Cultural ou chamando ao 986 61 1850 en horario de 10:00h a 13:00h e de 16:00h a 19:00h. Unha vez inscritos proporcionaráselles un código de acceso para ingresar na web: http://www.barafundaanimacion.com/videochamadas-nadal/ unha vez alí poderán concretar as súas citas cos reis magos.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese