Actualización sobre o transporte fluvial XACOBEO TRANSFER entre A Guarda e Caminha

21 de abril de 2022·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

Coincidindo coas datas de semana santa a Xunta de Galicia puxo en marcha un servizo de transporte náutico XACOBEO TRANSFER para atender a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha. Na actualidade o servizo realízase con dúas pequenas embarcacións para un máximo de 6 prazas. No verán está previsto Ler máis

Coincidindo coas datas de Semana Santa a Xunta de Galicia puxo en marcha un servizo de transporte náutico XACOBEO TRANSFER para atender a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha.

Na actualidade o servizo realízase con dúas pequenas embarcacións para un máximo de 6 prazas. No verán está previsto que opere unha embarcación de maior tamaño o que permitirá ampliar o número de pasaxeiros por viaxe.

O servizo de XACOBEO TRANSFER préstase dende o embarcadoiro do Pasaxe ata o embarcadoiro do Sporting Club Caminhense, a poucos metros do actual embarcadoiro do ferry en Caminha.

Estas pequenas embarcacións funcionan todos os días da semana se as condicións meteorolóxicas así o permiten.

Dispoñen da web www.nauticdestination.com cos horarios previstos e que permite reservar. O prezo da viaxe é de 6 € por persoa e só se admite o pago con tarxeta na embarcación.

Estes son os horarios españois previstos e cando a marea o permite prestan servizo de maneira ininterrompida:

  • Saídas dende A Guarda: comeza ás 8:00 ata as 19:00
  • Saídas dende Caminha: comeza ás 8:30 ata as 19:30

Dende Xacobeo Transfer recoméndanlles chamar cunha antelación de 24 horas ao teléfono de atención da embarcación (+34) 613 011 226 xa que os horarios se poden ver alterados e/ou ampliados polas mareas e as condicións meteorolóxicas. O persoal da embarcación informará dos servizos previstos a realizar ao día seguinte.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese