Apertura do MASAT en 2019

28 de febreiro de 2019·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Museos

O 15 de febreiro abriu o Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT, situado no cumio do monte. O ano pasado recibiu a máis de 56.000 visitantes, o que supón o 30% dos visitantes totais ao Monte Santa Trega. Cada ano increméntase o número de persoas que visitan o MASAT debido ao interese Ler máis

O 15 de febreiro abriu o Museo Arqueolóxico de Santa Trega, MASAT, situado no cumio do monte.

O ano pasado recibiu a máis de 56.000 visitantes, o que supón o 30% dos visitantes totais ao Monte Santa Trega. Cada ano increméntase o número de persoas que visitan o MASAT debido ao interese xerado coas recentes escavacións e tarefas de consolidación.

O maior incremento produciuse cando se expuxo o <Cabezón do Trega>, cabeza labrada en pedra que foi descuberta nas escavacións de 2015-2016 no barrio do Mergelina do Castro de Santa Trega.

Actualmente esta peza tan destacada forma parte da exposición “Galaicos” da Deputación de Pontevedra e que estivo durante máis de 4 meses no Museo Arqueolóxico Nacional en Madrid e poderase visitar noutras importantes cidades españolas como Valencia durante o 2019.

En canto á Rede de Museos, o Museo do Mar e o Centro de Interpretación volverán abrir as súas portas xa na primavera.

Horario de apertura

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese