Esta fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras florais, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades. Programación por días VENRES 21: Na xornada deste venres Cruz Vermella organiza unha obra de Ler máis
Este fin de semana A Guarda congrega numerosas actividades, centradas na celebración do Corpus, do Santísimo e das Alfombras florais, así como as fogueiras de San Xoán e actividades culturais e turísticas para todas as idades.
Programación por días
VENRES 21:
Na xornada deste venres Cruz Vermella organiza unha obra de teatro que terá lugar ás 20:30h no Centro Cultural. Neste caso a Compañía «Os Mellores do ghrupo» de Oia representa a obra «O Veleno, ¿Só ou con leite?».
A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.
SÁBADO 22:
A Biblioteca Pública Municipal da Guarda celebra o verán e o fin do curso escolar cunha nova sesión de Contos Contados que terá lugar este sábado día 22 de xuño ás 11:30h da mañá.
Continuán as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos este elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h. Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata 14 anos inclusive.
Nesta edición de San Xoán organizan unha gran fogueira que rematará co conxuro da queimada a cargo de Victoriano.
Este sábado celébrase tamén as Festas de San Xoán na Praza de Salcidos cunha gran churrascada popular con actuación musical e fogueiras.
DOMINGO 23:
Continuán as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do Castro de Santa Trega e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00h terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico(MASAT) e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para grupos de máis de 10 persoas é obrigatorio facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986610504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e 0,5€ para menores de 14 anos.
A Casa dos Alonsos acolle a Exposición «Alfombras Florais da Guarda», unha mostra que recolle a través de varias fotografías a historia desta arraigada tradición na Guarda, xunto con explicacións sobre como é este traballo, en horario de 11:00h a 13:30h e de 18:00h a 21:00h.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
Este fin de semana celébrase a festividade do Corpus na vila da Guarda, ás 12:30h a Igrexa de Santa María acolle a Misa Solemne e a partir das 13:00h sairá a procesión que percorrerá as 10 rúas que se decoran de flores para esta ocasión coas Alfombras Florais. Dende a “Asociación Cultural Alfombras da Guarda”, convídase a veciños e visitantes, a participar na realización das diferentes alfombras florais que adornarán as rúas dende a noite do sábado.
Para rematar este fin de semana a Asociación Veciñal das Parroquias da Guarda organiza unha gran Fogueira de San Xoán no Antigo Estadio do Tecla, con cantina con oferta gastronómica a prezos populares, amenización a cargo de grupos de gaita e baile da zona a partir das 20:00h e ás 22:00h acendido da fogueira.