As Barferencias de Primavera 2023 regresan á Guarda

12 de abril de 2023·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

A primeira terá lugar o venres 14 de abril ás 20:00 horas no Bar-Restaurante O Couto de Camposancos. Para a concelleira de cultura Montse Magallanes, as Barferencias “representan unha forma moi interesante de difundir o patrimonio da nosa localidade, a través deste formato achegamos a historia e o patrimonio da Guarda Ler máis

  • A primeira terá lugar o venres 14 de abril ás 20:00 horas no Bar-Restaurante O Couto de Camposancos.
  • Para a concelleira de cultura Montse Magallanes, as Barferencias “representan unha forma moi interesante de difundir o patrimonio da nosa localidade, a través deste formato achegamos a historia e o patrimonio da Guarda aos nosos veciños dunha forma lúdica e participativa, onde se favorece o encontro e a transmisión do coñecemento dos falantes”.

 

Un novo programa de barferencias regresa á programación guardesa para brindarnos máis información sobre os últimos traballos arqueolóxicos e investigacións históricas. Así, a razón dunha barferencia ao mes, esta primavera poderemos coñecer as conclusións, resultados e relacións co resto de casos galegos e peninsulares do noso pasado prehistórico e medieval.

 

Para a concelleira de cultura Montse Magallanes, as Barferencias “representan unha forma moi interesante de difundir o patrimonio da nosa localidade, a través deste formato achegamos a historia e o patrimonio da Guarda aos nosos veciños dunha maneira lúdica e participativa, onde se favorece o encontro e a transmisión do coñecemento dos falantes”.

 

O 14 de abril ás 20:00 horas no bar-Restaurante O Couto, en Camposancos. Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero presentarán os resultados do estudo do concheiro de Castro Santa Trega, tras a intervención do ano 2019. Os concheiros, que son os vertedoiros dos castros, achegan unha gran cantidade de información sobre a vida dos castros, ao acumular os refugallos e facilitar a conservación de ferramentas e outro tipo de restos (ósos, xoias, etc.) fálannos da alimentación a través de restos de animais, peixes e mariscos, das relacións socio-económicas, a través de restos de roupa, armamento, xoias defectuosas, etc. A barferencia complementarase coa intervención de Óscar García Vuelta, que falará en concreto sobre o estudo da ourivería a raíz dos restos achados no concheiro.

 

Para o 11 de maio no Restaurante Os Remos ás 20:00h. daremos un salto ao pasado medieval do noso pobo, para coñecer máis a fondo a muralla da que aínda se conserva un bo lenzo na rúa Muro e que recentemente dataron e estudaron Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido. Rebeca Blanco é investigadora principal da Universidade do Minho, e unha das maiores referentes en arqueoloxía da arquitectura e a paisaxe, tendo estudado en profundidade, a través da súa tese doutoral e traballos posteriores, a paisaxe fortificada da fronteira galego-portuguesa no contexto da Guerra da Restauración (1640-1668). Francisco Alonso, pola súa banda, é investigador da Universidade de Santiago de Compostela, no Departamento de Historia I, especialista en cerámica medieval e arqueoloxía medieval.

 

Finalmente, o 2 de xuño ás 20:30 horas teremos a última cita dedicada no restaurante Casa da Avoa, onde Luis F. López González, arqueólogo responsable da restauración tanto do sector Mergelina (2018) como da porta norte da muralla do Castro Santa Trega máis recentemente, falaremos dos sistemas construtivos empregados nos muros dos castros, prestando especial atención aos accesos como lugares máis destacados dos castros.

As Barferencias de Primavera 2023 regresan á GuardaPROGRAMA «BARFERENCIAS 2023»

 

VENRES 14 DE ABRIL

«O concheiro da porta sur da Trega: actualidade e perspectivas», de Brais X. Currás e Eduardo González Gómez de Agüero

«A Ourivería do Trega», a cargo de Óscar García Vuelta

8:00 pm. Bar O Couto

 

XOVES 11 DE MAIO

«Cal é a orixe da antiga muralla da Guarda?», de Rebeca Blanco-Rotea e Francisco Alonso Toucido

8:00 pm. Restaurante Os Remos

 

VENRES 2 DE XUÑO

«Os muros dos fortes: maquetas, reconstrucións e interpretacións» de Luis F. López González

8:00 pm. Restaurante Casa da Avoa

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese