A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan as Festas en honra á Virxe da Guía, visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións. VENRES 6 Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h Ler máis
A Guarda conta esta fin de semana con varias actividades nas que destacan as Festas en honra á Virxe da Guía, visitas guiadas ao Monte Santa Trega e exposicións.
VENRES 6
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
A Guarda acolle do 6 ao 8 de setembro as Festas en honra á Virxe da Guía que arrincarán na xornada do venres cun Serán musical no que participarán diferentes grupos tradicionais da zona a partir das 22:00h na Praza da Guía. Esta primeira xornada de festexos rematará con varias actuacións de DJ´s a partir da 1:00h con «A Guía Fest» e as actuacións de Gabri Alonso, Adrián Mesu e We are Partyners.
SÁBADO 7
Na xornada do sábado día 7 de setembro, e enmarcado nas Festas en honra á Virxe da Guía, ás 11:00h terá lugar un pasarrúas a cargo de A Boalleira, a partir das 17:00h tarde de actividades para os máis pequenos e ás 22:30h gran verbena amenizada polos grupos Club Naval e a Banda de Nash.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
DOMINGO 8