As Guerreiras visitan o monte e o castro de Santa Trega

3 de xullo de 2024·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

As Guerreiras gozaron o pasado venres dunha visita no monte Santa Trega. As xogadoras quedaron asombradas coas vistas panorámicas e amosaron interese pola historia da Guarda. Explicáronlles a historia da Ínsua, do castro, das cetarias e tamén das festas e da Sociedade Pro-Monte. Algúns de Ler máis

As Guerreiras gozaron o pasado venres dunha visita no monte Santa Trega. As xogadoras quedaron asombradas coas vistas panorámicas e amosaron interese pola historia da Guarda.

Explicáronlles a historia da Ínsua, do castro, das cetarias e tamén das festas e da Sociedade Pro-Monte. Algúns das Guerreiras tamén comentaban coas súas compañeiras algunhas curiosidades que elas mesmas viviran na súa etapa como xogadoras no Mecalia Atlético Guardés. Ademais, agasallaron ao Concello cunha camiseta asinada por todas.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese