As Salinas da Guarda forman parte do maior complexo de explotación de sal documentado do Imperio Romano

17 de outubro de 2018·Por A Guarda Turismo1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado por Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC) e Mar Cortegoso, -directora das escavacións, veñen de avanzar nas investigacións sobre as Salgas do “Seixal” e Camposancos, dando pé a unha importante novidade; Ler máis

O grupo de traballo do proxecto «A Guarda, Mar de Sal», encabezado por Brais Currás, (investigador da Universidade de Coimbra e do grupo de investigación EST-AP do CSIC) e Mar Cortegoso, -directora das escavacións, veñen de avanzar nas investigacións sobre as Salinas do “Seixal” e Camposancos, dando pé a unha importante novidade; estas salinas forman parte do maior complexo de explotación de sal mariña ata o de agora documentado de todo o Imperio Romano, e que estaría formado por máis zonas salinarias da fachada atlántica do noroeste peninsular, emprazadas en Vigo, Cangas, Oia, Viana do Castelo e Matosinhos.

Estes avances, a piques de rematarse xa a primeira parte do proxecto, poñen de manifesto a importancia e relevancia desta zona para a produción de sal na época romana. Os investigadores que coordinan o proxecto consideran que este sal estaría destinado á produción de salgadura de peixe, unha industria que xa no tempo de Roma parece ter unha gran importancia nas costas do noroeste da Península Ibérica.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese