Mañá sábado 9 de abril preséntase o transporte náutico XACOBEO TRANSFER que lanza a Xunta de Galicia ante a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha. Como se comunicou hai un mes, este transporte comezará a dar servizo coincidindo coas datas de semana santa con dúas pequenas embarcacións para un Ler máis
Mañá sábado 9 de abril preséntase o transporte náutico XACOBEO TRANSFER que lanza a Xunta de Galicia ante a necesidade dunha conexión real entre A Guarda e Caminha.
Como se comunicou hai un mes, este transporte comezará a dar servizo coincidindo coas datas de semana santa con dúas pequenas embarcacións para un máximo de 6 prazas. No verán chegará unha embarcación que permitirá ampliar o número de pasaxeiros por viaxe.
Segundo a comunicación facilitada pódese adiantar que o servizo se prestará desde o embarcadoiro do Pasaxe ata o embarcadoiro do Sporting Club Caminhense, a poucos metros do actual embarcadoiro do ferry en Caminha.
Estas pequenas embarcacións provisionais funcionarán todos os días da semana se o tempo o permite. Estes son os horarios españois previstos para estes primeiros meses:
Saídas desde A Guarda: 8:00 / 9:00 / 10:00 / 11:00 – 17:00 / 18:00 / 19:00
Saídas desde Caminha: 8:30 / 9:30 / 10:30 / 11:30 – 17:30 / 18:30 / 19:30
O prezo da viaxe é de 6 € por persoa. A compra dos billetes realizarase na web www.nauticdestination.com ou directamente no barco. Só se admite o pago con tarxeta.
Por último, indicar que o servizo comezará esta fin de semana se as condicións meteorolóxicas así o permiten.
