Avelino Vicente lucirá máis fermosa co seu novo mural

3 de abril de 2023·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

Este mural representaría a primeira fase dun proxecto completo para decorar a praza que pretende cubrir todas as paredes que se atopan deterioradas nela. A través desta iniciativa preténdese mellorar a estética desta contorna e, ao mesmo tempo, resaltar elementos singulares do noso municipio: o mar, a cultura e o Ler máis

  • Este mural representaría a primeira fase dun proxecto completo para decorar a praza que pretende cubrir todas as paredes que se atopan deterioradas nela. A través desta iniciativa preténdese mellorar a estética desta contorna e, ao mesmo tempo, resaltar elementos singulares do noso municipio: o mar, a cultura e o patrimonio, tanto material como inmaterial.

 

Este ano o Concello da Guarda puxo en marcha outra iniciativa para seguir mellorando a imaxe do municipio. En colaboración co artista local Antonio Martínez «Cachi» estase a levar a cabo a creación dun mural na Praza de Avelino Vicente, unha das zonas da localidade máis visitadas por veciños e visitantes na actualidade.

 

A pesar de que a obra aínda non está rematada, xa se pode apreciar nela a gran habilidade deste artista guarda para plasmar a beleza e singularidade do noso pobo.

 

O Concello convídache a gozar do proceso creativo xa apreciar como a esencia do noso pobo se reflicte nesta espectacular obra de arte, que agardamos se converta nun referente para a comunidade e nun reclamo turístico máis.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese