Caldo, empanada e Lacón con grelos para recibir o Entroido na Guarda

28 de febreiro de 2019·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda dálle a benvida ao Entroido 2019 cunha oferta gastronómica especial a través do Menú de Entroido no que ao longo de 4 días, do sábado 2 ao martes 5 de marzo, un total de 6 establecementos hostaleiros da Guarda ofertarán aos seus clientes un menú Ler máis

O Concello da Guarda dálle a benvida ao Entroido 2019 cunha oferta gastronómica especial a través do Menú de Entroido no que ao longo de 4 días, do sábado 2 ao martes 5 de marzo, un total de 6 establecementos de hostalaría da Guarda ofertarán aos seus clientes un menú que inclúe un primeiro prato de Caldo ou empanada, un segundo prato de Lacón con Grelos e un postre con Filloas ou Orellas de Entroido.

O prezo é de 18€ por persoa e o menú inclúe viño e café. Nesta edición participan a Tapería – Restaurante Arruaz (986 614 571), Camping Santa Tecla (986 685 461), Celtic (986 611 679), A Pizzicata (986 611 534), O Cangrexal (986 611 107) e Restaurante Xantar (986 611 814 ). Recoméndase reservar con antelación chamando directamente ao restaurante.

Dende a Concellaría de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía a participar nesta variada e animada programación para desfrutar do Entroido Guardés que terá inicio o venres 1 de marzo co Desfile dos Coles a partir das 12:00h dende a Alameda da Guarda ata a Esquina do Gallo, baixo a organización dos Colexios da Guarda.Ademais A Guarda contará neste Entroido cunha ampla programación de actividades para todas as idades nas que se inclúen o tradicional desfile infantil do venres e o desfile-concurso do martes de Entroido, oferta gastronómica especial en establecementos de hostalaría da vila, así como actuacións musicais, que nesta edición correrán a cargo de “Monk Blues Band”, “DJ Guille”, “Orquestra D´Moda” e “CÉ Orquestra Pantasma”.

Dende a Concellaría de Cultura convídase novamente a toda a cidadanía a participar nesta variada e animada programación para desfrutar do Entroido Guardés que terá inicio o venres 1 de marzo co Desfile dos Coles a partir das 12:00h dende a Alameda da Guarda ata a Esquina do Gallo, baixo a organización dos Colexios da Guarda.

A programación continúa o sábado 2 de marzo co “Sábado de Guateque” a partir das 23:30h na Alameda da Guarda, onde os asistentes poderán gozar da música co concerto de “Monk Blues Band” e posterior picada retro a cargo de “DJ Guille”.

Para a xornada do Domingo día 3 de marzo está programado o “Domingo das Familias”, cando a Alameda da Guarda acollerá unha actuación musical da Orquestra “D´Moda” a partir das 18:00h.
O Luns día 4 de marzo os nenos e nenas da vila terán unha actividade moi especial coa “CÉ Orquestra Pantasma”, con obradoiros e festa infantil da man de Matrácala a partir das 18:00h na Alameda da Guarda.

Xa para pór fin á programación do Entroido Guardés 2019, o Martes día 5 de marzo ás 17:30h celebrarase o Desfile-Concurso de Entroido co acompañamento de “Aviadores Tolos” e da Charanga “Vaia Panda”, saída dende a Esquina Famosa e chegada á Alameda da Guarda.

PROGRAMACIÓN ENTRIDO 2019

VENRES 1 DE MARZO, ás 12:00
DESFILE DOS COLES
Dende a Alameda da Guarda ata a Esquina do Gallo
Organizan: Colexios da Guarda

SÁBADO 2 DE MARZO,
SÁBADO DE GUATEQUE
Concerto de “Monk Blues Band”
E despois: picada retro con “DJ Guille”
Alameda da Guarda a partir das 23:30h

DOMINGO 3 DE MARZO
DOMINGO DAS FAMILIAS
Actuación da Orquestra D’moda
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

LUNS 4 DE MARZO,
LÚNS DAS CRIANZAS
Actuación de “CÉ Orquestra Pantasma”, obradoiros e festa infantil da man de Matrácala
Alameda da Guarda a partir das 18:00h.

MARTES 5 DE MARZO, ás 17:30h.
MARTES DO DESFILE
Desfile-concurso de Entroido con acompañamento de “Aviadores Tolos” e a charanga “Vaia Panda”
Infórmate en www.aguarda.es e participa nalgunha das categorías. Dende a Esquina Famosa ata a Alameda da Guarda

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese