Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro A Guarda oferta numerosas actividades para locais e visitantes como numerosos eventos deportivos, festexos, exposicións e visitas guiadas. VENRES 30 A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de Ler máis
Do venres 30 de agosto ao domingo 1 de setembro A Guarda oferta numerosas actividades para locais e visitantes como numerosos eventos deportivos, festexos, exposicións e visitas guiadas.
VENRES 30
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este venres en horario de mañá de 9:00h a 14:00h e de tarde de 19:00h a 21:00h.
Na xornada deste venres continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
SÁBADO 31
O sábado día 31 de agosto ás 16:00h o barrio da Gándara celebra a XII edición do Torneo da Cachiza, enmarcado nas Festas das Mercedes 2019 e organizado pola Asociación O Percamino en colaboración co Concello da Guarda. As inscricións teñen un custe de 10€ por parella a través dos teléfonos 669 031 798 e 680 340 784.
O Auditorio de San Benito será o escenario este sábado día 31 de agosto para a celebración da IV edición do «Encontro da Canción Mariñeira», un evento musical que arrancará ás 20:30h contando coa participación dos grupos Coiro Vello da Guarda, Orfeao de Vila Praia de Ancora(Caminha) e a Agrupación Coral Polifónica da Guarda.
O Club Alagua, en colaboración coa Federación Galega de Vela e o Concello da Guarda, organiza este sábado día 31 de agosto a 10º edición do «Cruceiro Río Miño», unha proba deportiva de vela clasificada dentro da categoría C. As regatas arrancarán ás 16:00h da tarde deste sábado para todas as clases, coa posibilidade de dividir a mesma na metade para recoller tempos e asegurar a clasificación da proba.
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este sábado en horario de 19:00h a 21:00h.
Este sábado continúan as visitas guiadas para coñecer o patrimonio do Monte Santa Trega, ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.
Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.
Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.
A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.
O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 18:00h a 21:00h.
Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.
DOMINGO 1
O domingo día 1 de setembro a partir das 10:00h da mañá as pistas deportivas do Codesal en Camposancos acollen o Torneo de Volei Praia Vila da Guarda, organizado polo Club de Volei Miño en colaboración coa Concellaría de Deportes do Concello da Guarda.
O vindeiro domingo día 1 de setembro a Alameda da Guarda acolle a cuarta edición da «Festa Castrexa», un evento no que se mestura a gastronomía coa exaltación das raíces castrexas da vila da Guarda, contando con moita animación e actividades paralelas ao longo do día.
Este domingo celébrase na Guía a Carreira Pedestre «Virxe da Guía», que arrancará ás 19:00h. Inscricións abertas ata o mesmo día ás 18:30h no correo asociacionfestasdaguia@gmail.com
A «Casa dos Alonso» acolle a Exposición «Arquitectura en Polispán», contando con varias obras de Ramón González González, este domingo en horario de 19:00h a 21:00h.