COMUNICADO: Sobre o peche de atraccións das Festas do Monte 2024

6 de agosto de 2024·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

A seguranza da cidadanía e dos visitantes é prioritaria para o Concello da Guarda, polo que as atraccións permanecerán pechadas ata que non se poida garantir a seguranza. A documentación presentada por parte dos feirantes foi deficitaria e non cumpre a normativa vixente; nalgúns casos falta documentación técnica, etc. Ler máis

A seguridade da cidadanía e dos visitantes é prioritaria para o Concello da Guarda, polo que as atraccións permanecerán pechadas ata que non se poida garantir a seguridade.

A documentación presentada por parte dos feirantes foi deficitaria e non cumpre a normativa vixente; nalgúns casos falta documentación técnica, etc.

Onte á tarde, a horas da apertura das atraccións, presentaron ante o Concello o parte do enxeñeiro contratado polos feirantes que acredita a súa seguridade e boa montaxe, así como o seguro de responsabilidade civil. Esta documentación debe ser revisada polos servizos municipais.

Todo este proceso garante que a cidadanía, moitos deles nenos e nenas, gocen das atraccións e das festas con total seguridade e sen sobresaltos.

Por último, dende o Concello queremos pedir aos medios de comunicación que corroboren co consistorio a información ou, como mínimo, dean a coñecer a súa versión antes da publicación de certas informacións que poden causar falsos rumores ou inseguridade respecto á festa, desacreditando a labor dos traballadores municipais e do goberno da Guarda.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese