Continúa a programación da axenda de verán 2020 na Guarda

10 de agosto de 2020·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, cinema na rúa, visitas teatralizadas e espectáculos infantís compoñen a programación para esta semana. O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene Ler máis

• Visitas guiadas ao casco urbano, ao Monte Santa Trega, á Embarcación Piueiro, cinema na rúa, visitas teatralizadas e espectáculos infantís compoñen a programación para esta semana.

O Concello da Guarda continúa apostando por unha programación de actividades para todos os gustos e idades, tendo sempre en conta as medidas de hixiene e seguridade motivadas pola pandemia do covid-19.

Nesta semana a programación, recollida na Axenda de verán 2020, continúa coas visitas á embarcación O Piueiro que se repiten os martes e xoves do verán, as visitas regulares ao Monte Santa Trega (de venres a domingo), as visitas de natureza que se suceden cada domingo e as Visitas polo casco urbano os mércores e xoves de agosto. As inscricións pódense realizar a través da Oficina de Turismo Municipal no 986 61 4546 ou no correo electrónico aguarda.oficina.turismo@gmail.com.

Os venres, sábados e domingos prosiguen as visitas guiadas ao Monte Santa Trega. Inscrición previa no MASAT 986610504 ou no correo electrónico masat@aguarda.es

Tamén continúan esta semana as visitas teatralizadas no Monte Santa Trega, con notable éxito e que xa colga novamente o cartel de aforo completo para esta semana.

O venres 14 ás 22:30h a Praza do Reló acolle unha nova sesión de cinema na rúa coa proxección de “O noso último verán en Escocia”, é necesario reservar praza no Centro Cultural no 986 61 1850 ou en centrocultural@aguarda.es.

O sábado 15 ás 20:00h o Castelo de Santa Cruz será o escenario para “Punkdemia”, un espectáculo para todas as idades de Peter Punk, é necesario reservar praza no Centro Cultural no 986 61 1850 ou en centrocultural@aguarda.es.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese