Continúa o acondicionamento das praias da Guarda

5 de xuño de 2020·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O día 25 de Maio, procedeuse á apertura das praias como zonas de baño coa entrada na fase 2 da desescalada. Ante a emerxencia sanitaria provocada pola COVID-19 as praias estanse acondicionando seguindo as recomendacións para a apertura de praias e zonas de baño tras a crise Ler máis

O día 25 de Maio, procediuse á apertura das praias como zonas de baño coa entrada na fase 2 da desescalada.

Ante a emerxencia sanitaria provocada polo COVID-19 as praias estanse acondicionando seguindo as recomendacións para a apertura de praias e zonas de baño tras a crise do COVID-19, documento elaborado polo Ministerio de Sanidade.

Unha acción importante é a informativa polo que se instalaron nos principais accesos das praias carteis informativos coas indicacións de distancia social e comportamento.

Outra medida destacada é a hixiene, polo que o Concello da Guarda elaborou un plan de limpeza dos aseos das praias para dar así cumprimento ás medidas sanitarias para evitar o contaxio do COVID-19. Este plan de limpeza comezou o día 1 de xuño e continuará ata setembro.

Por último, indicar que dende hai xa algunhas semanas, estase a proceder á limpeza dos areais e continuarán durante estas semanas os labores de roza para que ao comezo oficial da tempada de praias, o 15 de xuño, xa estean acondicionadas as instalacións e a contorna das nosas praias.

Informamos tamén que, na Praia do Muíño, estase a levar a cabo a Obra de mellora e acondicionamento dos accesos, que como outras accións, sufriu a paralización ocasionada pola grave pandemia do COVID 19. Estase a traballar para ter rematada dita obra de mellora canto antes, polo que rogamos a comprensión dos bañistas e visitantes deste espazo, somos coñecedores de que as obras poden ocasionar malestar, pero unha vez rematada, mellorará moito o acceso principal a este areal, para desfrute de todos e todas.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese