Continúa o Nadal na Guarda cunha ampla programación de actividades

12 de decembro de 2018·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación do Nadal e continúa cunha extensa e variada programación de actividades entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata Ler máis

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación do Nadal e continúa cunha extensa e variada programación de actividades entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata o 6 de Xaneiro, A Guarda vivirá na maxia do Nadal.

Tamén o pasado 5 de decembro publicouse na web municipal www.aguarda.es o vídeo do “Obradoiro de Adornos de Nadal”, neste vídeo, elaborado pola deseñadora e experta en escaparates Patricia Maquieira Franco, explícase como serán os adornos de Nadal que se realizarán nos obradoiros que terán lugar os xoves 13 (en horario de 15:00h a 18:00h) e o sábado 15 (de 16:30h a 18:30h) de decembro na Casa dos Alonsos.

Dende o mércores 12 de decembro 11 asociacións e colectivos da vila encargáronse de decorar diferentes espazos públicos da Guarda dentro da actividade “Decora o teu Nadal”, unha proposta que xa tivo gran repercusión nos anos anteriores e que se repite este ano para retomar a maxia do Nadal nas prazas da vila, algo que está a espertar o interese dos transeúntes.

O Xoves 13 de decembro ás 20:00h a Casa dos Alonsos acollerá un Concerto de Nadal do Conservatorio de Música Elemental da Guarda, onde se contará coa actuación do Coro do Conservatorio, unha nova proposta que xorde este ano contando coa participación dos alumnos do Conservatorio e que será o seu concerto de presentación.

O Venres 14 de decembro a Biblioteca Pública Municipal da Guarda acolle a “Bebeteca de Nadal”, unha iniciativa dirixida a nenos e nenas de entre 3 e 6 anos de idade que terá lugar ás 18:00h.

O Sábado 15 de decembro será o día no que se inscribirán todos aqueles nenos e nenas que desexen participar na Cabalgata de Reis. Para inscribirse é necesario que cada neno ou nena acuda ao Centro Cultural dende as 10:00h acompañado sempre dun adulto (1 por neno/a). Os participantes deberán ter, mínimo 8 anos de idade e encher a solicitude por parte dos pais ou tutores legais, as follas de inscrición e as bases reguladoras estarán a disposición nos días previos no Centro Cultural e no Concello da Guarda.

Tamén o Sábado 15 celebrarase o Festival Solidario a favor da Fundación As Samaritás da Guarda a partir das 20:00h no Centro Cultural. Nesta edición contarase coas actuacións do Grupo de Baile Xamaraina, o Grupo de Baile Studio 88, o Grupo de Gaitas A Boalleira, o Grupo de Baile Do-Majó e o grupo de Acordeóns Argonat Band. Unha oportunidade para colaborar nunha boa causa.

O Nadal chegou á Guarda o pasado 5 de decembro co acendido da iluminación do Nadal e continúa cunha extensa e variada programación de actividades entre as que destacan teatro, animación musical polas rúas, concertos de panxoliñas, obradoiros de decoración, chocolatadas, pista de xeo, ou a Cabalgata de Reis. Ata o 6 de Xaneiro, A Guarda vivirá na maxia do Nadal.O Martes 18 de decembro será o primeiro día de apertura da Pista de Xeoo que estará instalada na Alameda da Guarda, as entradas terán un custo de 6€ de xeito anticipado nos establecementos da vila e 7€ na propia pista, cunha duración de 45 minutos para gozar por primeira vez na Guarda da patinaxe sobre xeo, o aluguer dos patíns é gratuíto e recórdase que se deben traer luvas para as mans. O horario será de Luns a venres de 16:00h a 22:00h e as fins de semana de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 22:00h. O 25 de decembro, 5 e 6 de xaneiro funcionará en horario de fin de semana e o 24 e 31 de decembro en horario continuo de 11:00h a 19:00h. O 1 de Xaneiro funcionará só en horario de tarde de 16:00h a 22:00h.

Todos aqueles comercios que desexen dispoñer de entradas para a Pista de Xeoo poderán adquirir packs de 10 entradas ao prezo de 60€ na empresa colaboradora Informática San Benito no teléfono 986 60 89 20.

Dende o Concello da Guarda invítase a participar e gozar dunha programación de Nadal que, sen dúbida, dinamizará e chamará a atención dos nosos veciños e visitantes.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese