O Concello da Guarda promoverá este outono unha nova ruta gastronómica na que se mesturarán as exposicións de arte coa gastronomía en pequeno formato, «Petiscos con arte» será o nome da ruta, que se celebrará os venres, sábados e domingos das dúas últimas fins de semana de novembro. A súa finalidade Ler máis
O Concello da Guarda promoverá este outono unha nova ruta gastronómica na que se mesturarán as exposicións de arte coa gastronomía en pequeno formato,
«Petiscos con arte» será o nome da ruta, que se celebrará os venres, sábados e domingos das dúas últimas fins de semana de novembro. A súa finalidade é promocionar a gastronomía e a creación artística no noso pobo, de modo que os participantes poderán degustar «petiscos» mentres contemplan as obras de artistas locais ou con vinculación á nosa localidade expostas nos locais durante a celebración da ruta.
Con todo, o Concello da Guarda invita aos artistas da localidade e as súas contornas a expoñer a súa arte nalgún dos establecementos que participarán na ruta. As persoas que desexen participar deberán contactar coa Oficina de Turismo Municipal no teléfono 986 614 546 ou a través do correo electrónico turismo@aguarda.es indicando o seu interese na mostra, ata este venres 20 de outubro.