Correos presenta na Guarda o selo adicado ao Monte Santa Trega

26 de abril de 2022·Por Prensa A Guarda3 minutos de lectura
Noticias Turismo

O selo, que forma parte da serie filatélica Natureza, amosa unha imaxe dunha das construcións do castro. Ao acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez, e a Deputada Provincial, Iria Lamas. Correos presentou hoxe no Salón Ler máis

  • O selo, que forma parte da serie filatélica Natureza, amosa unha imaxe dunha das construcións do castro
  • Ao acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial, Iria Lamas.

Correos presentou hoxe no Salón de Plenos do Concello da Guarda o selo adicado ao Monte Santa Trega, da serie filatélica Natureza. Ao acto de presentación asistiron o alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a directora de Relacións Institucionais e Filatelia de Correos, Leire Díez e a Deputada Provincial, Iria Lamas.

Correos puxo en circulación este selo ao considerar o Monte Santa Trega un referente polos seus valores patrimoniais, relixiosos e paisaxísticos. Nesta emisión, Correos quere destacar que Santa Trega ofrece unha imaxe que queda gravada en todo aquel que o visita.

De feito, o selo recolle un primeiro plano dunha das construcións do castro e de fondo as vistas que se poden admirar dende o monte. Ten un valor facial de 2’70 euros e conta cunha tirada de 135.000 exemplares.

Ficha técnica:

• Data de emisión: 21/04/2022
• Soporte: Estucado, engomado, fosforescente
• Impresión: Offset
• Tamaño: 74,6 x 28,8 mm
• Efectos en prego: 15 selos
• Valor postal: 2’70
• Tirada: 135.000

Máis selos adicados á provincia de Pontevedra

O selo presentado na Guarda súmase á relación de selos que Correos dedicou a diversos motivos da provincia. Hoxe mesmo presentouse na capital pontevedresa o selo da serie filatélica 12 meses adicado á provincia.

Cun valor de 0´75 euros, o selo recolle a imaxe do claustro da Catedral de Tui, acompañada das iniciais ‘PO’.

Entre as 28 emisións realizadas, sumando estas dúas, están as que en 1965 rendían homenaxe ao Pazo de Fefiñáns de Cambados, a da ponte de Rande de 1981, ou en 2002 a Denominación de Orixe Rías Baixas ou o cruceiro do Hío.

telia, selos, selo santa tregaAcerca de Correos:
CORREOS nace hai máis de 300 anos e, tras unha continua adaptación ao mercado, hoxe é o operador líder do sector en España. Actualmente, a estratexia da compañía está centrada na internacionalización, a sustentabilidade e a transformación dixital. Con preto de 51.000 profesionais, a empresa presta servizo á cidadanía a través da súa rede de 2.370 oficinas, distribuíndo preto de 7,5 millóns de envíos diarios. O Grupo Correos conta con 3 filiais: Correos Express adicada á paquetería urxente, Nexea especializada en solucións multicanal para as comunicacións masivas das empresas e Correos Telecom encargada da xestión e comercialización de infraestruturas de telecomunicación. Pertencente ao Grupo SEPI, forma parte dun holding empresarial que abarca un total de 15 empresas públicas.

 

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese