O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende esta necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común Ler máis
O programa Degusta Europa, con degustacións culinarias en distintos mercados da provincia, naceu en 2016 con motivo do Día de Europa, que conmemora os principais valores da UE: a paz, a estabilidade, a solidariedade e a unidade do continente. A Deputación de Pontevedra defende esta necesaria reivindicación para manter o proxecto europeo común e, ao mesmo tempo, revalorizar a gastronomía e impulsar os mercados provinciais e as materias primas da provincia de Pontevedra.
A través de Degusta Europa preténdese promover e potenciar o local e autóctono: os mercados municipais e os excelentes produtos da nosa terra, que se deben converter tamén nun punto de atracción para as e os turistas. Este programa dá a coñecer, ademais, o traballo do alumnado de dúas das escolas de hostalaría máis importantes da nosa provincia: os centros Manuel Antonio, de Vigo, e Carlos Oroza, de Pontevedra.
Este ano Degusta Europa está vinculado á campaña «Fame de experiencias?», que potencia a enogastronomía; pretende, como cada ano, dinamizar os mercados municipais dándolles un toque de innovación e vangarda. En todas as actividades o alumnado dos dous centros traballará con produtos das nosas rías e da nosa terra para elaborar unha serie de tapas inspiradas na temática europea.
Contando coas elaboracións realizadas polos alumnos do CIFP Manuel Antonio, a Praza de Abastos da Guarda acollerá esta mostra culinaria o vindeiro xoves día 11 de abril en horario de 11:00h a 12:00h.