Dende o luns ábrese o prazo para inscribirse nas andainas por Pontevedra

29 de agosto de 2024·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Novas

Durante a primavera tiveron lugar as dúas primeiras andainas pola provincia de Pontevedra organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos da Guarda. Logo do descanso do verán retómase coa saída do sábado 28 setembro polo interior cunha nova ruta do río Xabriña en Mondariz e pecharase o 19 Ler máis

Durante a primavera tiveron lugar as dúas primeiras andainas pola provincia de Pontevedra organizadas pola Concellería de Eventos Deportivos da Guarda.

Despois do descanso do verán retómase coa saída do sábado 28 setembro polo interior cunha nova ruta do río Xabriña en Mondariz e pecharase o 19 outubro co Camiño do Taverneiro en Pazos de Borbén.

Esta actividade organizarase cun autocar para o traslado dos participantes e con guías interpretativos da natureza que acompañarán ao grupo. A distancia destas rutas roldan entre os 10 e 15 km polo que as persoas interesadas deberán atoparse en condicións físicas adecuadas para realizar andainas duns 15 km e con certa dificultade polo desnivel.

O luns 2 de setembro abre o prazo de inscrición para completar as prazas aínda dispoñibles para estas dúas andainas de outono. O prezo público de cada andaina é de 17€ por persoa.

Máis información e inscrición na Casa dos Alonso (terceira planta) ou a través do mail turismo@aguarda.es ou no tel. 986614546, aínda que se priorizará a inscrición presencial.

.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese