A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) deron a coñecer esta semana a listaxe de praias españolas recoñecidas con bandeira azul para esta tempada estival, entre as que se atopan os areais guardeses de Area Grande (marítimo) e O Muíño (fluvial). Ambas as praias Ler máis
A Asociación de Educación Ambiental e do Consumidor (ADEAC) e a rama española da Federación Europea de Educación Ambiental (FEE) deron a coñecer esta semana a listaxe de praias españolas recoñecidas con bandeira azul para esta tempada estival, entre as que se atopan os areais guardeses de Area Grande (marítimo) e O Muíño (fluvial).
Ambas as praias renovan un ano máis o distintivo acadado dende o ano 2009 (Area Grande) e 2010 (O Muíño) e co que se pon en valor a súa calidade medioambiental e de servizos.
Así, os areais volverán contar este verán cos criterios exixidos polo distintivo de bandeira azul: paneis informativos, actividades de educación ambiental, análises da calidade das augas, servizo de limpeza e recollida de residuos, servizo de salvamento e socorrismo e instalacións varias como duchas e aseos.
Ademais do recoñecemento ás praias, A Guarda conta coa Senda Litoral recoñecida como Sendero Azul. O sendeiro, que renova tamén o distintivo dende o ano 2013, comunica as praias do Muíño e Area Grande pasando polos areais de Fedorento e O Carreiro, con preto de 5 km de lonxitude en total.
