Esgotadas todas as prazas para a primeira xornada de “Venres de xullo baixo as estrelas”

30 de xuño de 2021·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo. As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, están xa esgotadas. A actividade terá lugar os venres Ler máis

O Concello da Guarda, a través da Concellaría de Turismo, organiza “Venres de xullo baixo as Estrelas”, unha actividade de observación de estrelas que terá lugar os venres de xullo.

As prazas para a primeira actividade, que terá lugar este venres día 2 de xullo, xa están esgotadas.

A actividade terá lugar os venres 2, 9, 23 e 30 de xullo no Puntal (Camposancos) e as inscricións ábrense o luns previo a cada cita enviando un correo electrónico a aguarda.oficina.turismo@gmail.com

Os participantes coñecerán as principais constelacións do hemisferio norte, así como a localización dos planetas e mesmo algúns datos de interese como as datas das choivas de estrelas perseidas e xemínidas, ou como orientarse no firmamento utilizando algunhas estrelas.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese