Esta fin de semana arranca na Guarda unha nova edición de Tapearte

16 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda4 minutos de lectura
Noticias Turismo

Este xoves presentouse a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a «Festa das Letras» e o Día Internacional dos Museos Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario Ler máis

Este xoves presentouse a Ruta gastronómica Tapearte 2019, o evento culinario da primavera como complemento a unha ampla e variada programación cultural como a «Festa das Letras» e o Día Internacional dos Museos

Un total de 16 bares e restaurantes da vila ofertarán tapas os venres, sábados e domingos en horario de 12:00h a 14:00h e de 19:00h a 22:00h a un prezo simbólico de 2€ a tapa.

A ruta estará en funcionamento ata o vindeiro 2 de xuño, con premios directos e sorteo de agasallos para os participantes.

Un total de 16 bares y restaurantes de la villa ofertarán tapas los viernes, sábados y domingos en horario de 12:00h a 14:00h y de 19:00h a 22:00h a un precio simbólico de 2€ la tapa.Un total de 16 bares y restaurantes de la villa ofertarán tapas los viernes, sábados y domingos en horario de 12:00h a 14:00h y de 19:00h a 22:00h a un precio simbólico de 2€ la tapa.No acto de presentación estiveron presentes o Alcalde da Guarda, Antonio Lomba, a concelleira de Turismo, Montserrat Magallanes, así como unha representación dos establecementos participantes e un representante de Distribucións Disramo, casa comercial colaboradora nesta ruta.

Ao igual que en edicións anteriores os participantes poderán valorar as tapas cos pasaportes dispoñibles en cada local, con puntuacións de 1 a 6 puntos, que permitirán, ao remate da ruta, establecer o gañador do Concurso da Mellor Tapa 2019. Tamén se premiará ao establecemento que sirva o maior número de tapas.

Como nas anteriores edicións os participantes da ruta optarán a premios. Haberá un premio directo para aqueles que entreguen o seu pasaporte cun mínimo de 13 selos. Neste caso o agasallo é un lote de dúas botellas de Forte de San Lourenzo de Licor Café e Crema de Oruxo. Ademais haberá un sorteo dun móbil Samsung A40 para aqueles pasaportes cun mínimo de 6 selos que se depositen nas urnas de cada local e tamén na Oficina de Turismo.

Un total de 16 bares y restaurantes de la villa ofertarán tapas los viernes, sábados y domingos en horario de 12:00h a 14:00h y de 19:00h a 22:00h a un precio simbólico de 2€ la tapa.Un total de 16 bares y restaurantes de la villa ofertarán tapas los viernes, sábados y domingos en horario de 12:00h a 14:00h y de 19:00h a 22:00h a un precio simbólico de 2€ la tapa.Nesta edición participan o Art Café coa tapa «Xorzart», o Bitadorna coa tapa «Crunch negro con mix mar, vexetais en texturas e xeado», o Camping Santa Tecla coa tapa «Tournedo Rossini», o Celtic coa tapa «Chocos con arroz na súa tinta», a Pizzería Di Marco coa tapa «Carpaccio de polbo á feira», a Tapería El Paseo coa tapa «O Paseo», El Perro Verde coa tapa «Arepa rechea», o Enxebre coa tapa «Pelotiñas enxebre», o Gaviota coa tapa «Bacalao ao pisto de morena», La Botica coa tapa «Sabores afumados», La Casilla coa tapa «Delicia Galega», Marbella coa tapa «Empanada da horta», Novo Funil coa tapa «Cazola de Xabarín», Xantar coa tapa «Crunk», Xeito coa tapa «Espetada mariñeira» e Y la Luna? coa tapa «Impórtame un pemento».

Un total de 16 bares y restaurantes de la villa ofertarán tapas los viernes, sábados y domingos en horario de 12:00h a 14:00h y de 19:00h a 22:00h a un precio simbólico de 2€ la tapa.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese