Comeza a intensa programación de agosto cunha nova proxección do Cinema ao aire libre na Praza do Reló para o mércores 1 de agosto. A Concellería de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celébrase na Praza do Reló do municipio cun total Ler máis
Comeza a intensa programación de agosto cunha nova proxección do Cinema ao aire libre na Praza do Reló para o mércores 1 de agosto.
A Concelleira de Cultura do Concello da Guarda oferta un ano máis o Cinema de Verán que nesta edición 2018 celebrase na Praza do Reló do municipio cun total de 3 sesións de cinema para todos os públicos.
Ás 22:00h dará comezo a proxección de << LA LA LAND>>, unha homenaxe ao Hollywood dourado dos anos 50´s. Esta película é apta para todos os públicos.
Este ciclo de cinema de verán ao aire libre finalizará o venres 17 de agosto ás 22:00h coa proxección de “Bebé Xefe”, unha divertida película recomendada para público infantil e que mostra o impacto que ten a chegada dun novo fillo á familia.