A partir das 13:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda. A praza de Avelino Vicente acollerá este primeiro concerto organizado por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño. Esta iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por Ler máis
- A partir das 13:00h na Praza Avelino Vicente da Guarda.
A praza de Avelino Vicente acollerá este primeiro concerto organizado por EuRural e Xeodestino Ría de Vigo e Baixo Miño.
Esta iniciativa que forma parte do programa O Teu Xacobeo impulsado pola Xunta de Galicia e que ten por obxectivo xerar espazos de encontro e de lecer entre os veciños, visitantes e peregrinas e peregrinos que estean a facer o Camiño de Santiago nesta época do ano.
O concerto comezará ás 13:00h en sesión vermú e a banda viguesa San Rockers ofrecerá un percorrido polas cancións máis influentes do pop/rock español das décadas dos 80/90 ata a actualidade.
Esta actividade pretende fomentar as experiencias positivas arredor da música e dos produtos de todo o noso territorio e deste xeito poñelos en valor. Nesta ocasión, a música acompañará aos viños da D.O. Rías Baixas apoiándose nos establecementos da vila e, como non, da nosa gastronomía.
Anímase a todos os veciños a gozar deste primeiro concerto acústico na Praza de Avelino Vicente.
