Este venres 30 de agosto recupérase o concerto de Gin Toni’s

23 de agosto de 2024·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

O venres 30 de agosto, como peche do mes de excelencia do verán e das festas e eventos, escolleuse como data para o concerto de música do grupo GIN TONI´S. O forte vento do sábado da Festa da Lagosta impediu que se realizasen os preparativos técnicos e montaxe. Para realizar este Ler máis

O venres 30 de agosto, como peche do mes de excelencia do verán e das festas e eventos, escolleuse como data para o concerto de música do grupo GIN TONI´S. O forte vento do sábado da Festa da Lagosta impediu que se realizasen os preparativos técnicos e montaxe.

Para realizar este concerto tan agardado polos amantes da música escolleuse a Alameda, concerto que comezará ás 22:30h cunha duración aproximada de 2 horas.

A banda GIN TONI’S ofrecerá un concerto cun directo fresco e un repertorio de versións dos mellores temas do Pop Rock español dende os 80 ata a actualidade como por exemplo Alaska, Los Hombres G, Seguridad Social, Radio Futura, Loquillo, Los Secretos ou Joaquín Sabina, entre outros moitos.

Un espectáculo musical que transportarán aos asistentes ás décadas douradas da música española.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese