Este xoves chega á Guarda a última Barferencia do ano sobre Juan Bautista Alonso

23 de decembro de 2019·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

O vindeiro xoves día 26 de decembro terá lugar a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 que terá lugar ás 20:30h na Cervexaría «A Bodega» da Guarda. Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu Ler máis

O vindeiro xoves día 26 de decembro terá lugar a segunda Barferencia do ciclo finais 2019 que se celebrará ás 20:30h na Cervexaría «A Bodega» da Guarda.

Despois da primeira Barferencia celebrada no mes de novembro e que versou sobre «María Vinyals, unha galega de armas tomar» e que correu a cargo de Silvia Cernadas, chega a segunda na cal o historiador local J. Miguel Villa falará sobre «Juan Bautista Alonso Español (1801-1879). Lémbranza deste deputado ás cortes da Guarda no 140 aniversario do seu pasamento», a cargo do historiador local Joaquín Miguel Villa.

Juan Bautista Alonso Español, nacido na parroquia guardesa de San Lourenzo de Salcidos no ano 1879, foi xurista, político, xornalista e presidente do Consello de Estado, cursando estudos en Filosofía e Leis na Universidade de Salamanca.

Na década de 1830, momento no que se instala en Madrid, levaríalle a opinar sobre os máis acuciantes problemas da España isabelina como redactor de famosos xornais, destacando de xeito notable como xurista no foro madrileño, chegando a ser deputado polas circunscricións de Madrid no 1839, de Pontevedra entre 1841 e 1843 e de Lugo no 1843. En 1843 foi subsecretario de Gobernación sendo condecorado ese mesmo ano coa Cruz de Carlos III como premio aos seus servizos neste ministerio.

No regreso dos progresistas ao poder en 1854, Juan Bautista Alonso volveu aparecer como deputado pola provincia de Pontevedra ante as Cortes constituíntes, e xa retirado da vida pública, volveu ser deputado ás Cortes, esta vez por Santiago de Compostela no 1865-1866.

Repite como parlamentario no 1872-1873, como senador pola provincia de Murcia, e exerceu de presidente interino do Consello de Estado, alcanzando a presidencia do mesmo durante a I República española.

Dende o Concello da Guarda anímase unha vez máis a participar nestas barferencias que ano a ano espertan o interese dos gardeses e foráneos nun clima distendido e de intercambio de coñecementos de grande interese xeral e que conta cunha ampla participación.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese