Eventos ata o martes 25 de xullo, Santiago Apóstolo

20 de xullo de 2017·Por A Guarda Turismo2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A partir de hoxe xoves 20 de xullo A Guarda contará con variados eventos musicais, deportivos e culturais para o desfrute de veciños e visitantes. Tomade nota de cada actividade para non perderdes ningunha delas. Xoves, 20: 21:30h << Visita teatralizada>> ao casco histórico cun percorrido ambientado no ano 1930 cos Ler máis

A partir de hoxe xoves 20 de xullo A Guarda contará con variados eventos musicais, deportivos e culturais para o desfrute de veciños e visitantes. Tomen nota de cada actividade para non perderse ningunha delas.

Xoves, 20:

21:30h << Visita teatralizada>> ao casco histórico cun percorrido ambientado no ano 1930 cos actores de Os Quinquillans Teatro. Empeza na Praza da Igrexa.

Venres, 21:

21:30h << I Mostra Centro Deportivo Baixo Miño de Judo>> no Estadio Municipal da Sangriña. Organiza: Centro Deportivo Baixo Miño.

Sábado 22 e domingo 23:

–<<Campionato Galego de Volley Praia>>. No Codesal durante todo o día. Organiza: Eventoglobal e Concello A Guarda

–<<Visitas guiadas ao Monte Santa Trega>> Visita de 90 minutos con inicio ás 12.30h e 17.00h no Museo e visita de 30 minutos con inicio ás 16.00h no Castro

Sábado, 22:

Todo o día <<III Torneo Vila da Guarda. Basket 3×3>> no Centro Cultural.

22:00h <<Noites no Castelo: concerto de Susana Seivane. Budiño e Mercedes Peón invitada especial>> no Castelo de Santa Cruz.

Domingo, 23:

7:00h <<Xuntanza de pescadores deportivos>> na explanada do Porto con pesca coa saída a pescar e reunión para comer ás 14:30 h. Organiza: Agrupación de Pescadores O Buxeiro.

20:00h <<XXIV Encontro dos Pobos>> no Auditorio de San Bieito. Organiza: Do Lusco ó Fusco.

Luns, 24:

20:00h << Encontro da Canción Mariñeira>> no Auditorio de San Bieito. Intervirán: Orfeao de Vila Praia de Ancora e Coral Polifónica da Guarda. Organiza: Concello da Guarda e Coral Polifónica.

Martes, 25:

20:30h <<Pistactiva: con Circo Chosco e Illa Letriska>> Espectáculo infantil no Auditorio de San Bieito. Organiza: Concello da Guarda.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese