Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira

10 de xuño de 2019·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

En 2019: 5, 6 e 7 de xullo. Lugar: Porto Organiza: Concello da Guarda Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar a lagosta e outros pratos mariñeiros. Festa de Galicia de Interese Turístico. A calidade recoñecida da gastronomía guardesa traduuse en 1991 coa primeira Festa da Ler máis

  • En 2019: 5, 6 e 7 de xullo.
  • Lugar: Porto
  • Organiza: Concello da Guarda
  • Destaca: No porto e baixo unha carpa pódese degustar a lagosta e outros pratos mariñeiros.

Festa de Galicia de Interese Turístico.

A calidade recoñecida da gastronomía guardesa traduciuuse en 1991 coa primeira Festa da Lagosta. Dende esta primeira edición a gran afluencia de visitantes asegurou o éxito da festa.

Co paso dos anos a festa foi medrando en días de celebración e a variedade de produtos do mar e doces que permitiron aumentar a oferta gastronómica e así chegar a todos os gustos. Deste xeito conseguiuse revalorizar a festa.

No porto instálase unha carpa de 1.000 m² con mesas e cadeiras para que os asistentes poidan degustar comodamente a lagosta e demais pratos. Cada ano a oferta de animación e entretemento para adultos e pequenos multiplícase cun amplo e variado programa con actuacións de música, eventos deportivos e culturais, animación infantil, etc.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese