Fin de semana con interesantes propostas na Guarda

9 de maio de 2019·Por Prensa A Guarda5 minutos de lectura
Noticias Turismo

A Guarda prepárase para a segunda fin de semana de maio, unha fin de semana na que destaca a III Mostra Asociativa, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a actividade Geolodía09, a sesión de Contos Contados na biblioteca municipal, entre outras actividades para todas as idades. Venres 10: A unidade móbil Ler máis

A Guarda prepárase para a segunda fin de semana de maio, unha fin de semana na que destaca a III Mostra Asociativa, as visitas guiadas ao Monte Santa Trega, a actividade Geolodía09, a sesión de Contos Contados na biblioteca municipal, entre outras actividades para todas as idades.

Venres 10:

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda este venres día 10 na Rúa Rosalía de Castro (ao lado do Centro Cultural) en horario de 10:00 a 14:00 e de 16:30 ás 21:00 horas.

Sábado 11:

A unidade móbil do Centro de Transfusión de Galicia estará instalada na Guarda este sábado día 11 de maio na Rúa Rosalía de Castro (ao lado do Centro Cultural) en horario de 10:00 ata as 15:00 horas.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

Tamén este sábado ás 11:30 da mañá terá lugar a primeira sesión de Contos Contados do mes de maio, dedicada especialmente ao “Día das Letras Galegas”.

Neste día realizarase un obradoiro dedicado a Antón Fraguas, no que os asistentes colorearán as fichas didácticas “Primavera das Letras”, con ilustracións inspiradas na vida e obra de Antón Fraguas. Este material é propio dunha iniciativa da Real Academia Galega.

A Alameda da Guarda será o escenario, unha vez máis, para a celebración da terceira edición da “Mostra Asociativa”, un evento multicultural no que as asociacións do pobo son as protagonistas dando a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.

Un total de 30 colectivos e asociacións da vila participarán ao longo dunha gran xornada cargada de actividades e dunha intensa programación para todas as idades, que este ano arrincará ás 16:00h da tarde.

Ademais dos stands individuais de cada colectivo nos que tamén se realizarán actividades paralelas e se informará máis pormenorizadamente sobre os servizos e obxectivos de cada Asociación/colectivo, a III Mostra Asociativa, conta coa seguinte programación de actividades.

Programa:

16:00h – Actuación conxunta entre A Boalleira e Na Revolta

16:30h – Exhibición de Danza Centro Do-Majó

18:00h – 18:45h – Bloque de actuacións conxuntas entre a Asociación Vento Mareiro, Rock´n´Rolla, Xamaraina e o Coro Arpexios-Cantábile.

18:45h – Actuación da Agrupación Musical da Guarda

19:15h – Serán coas actuacións dos grupos Do Lusco ó Fusco e Vento Mareiro

20:00h Actuación das pandereteiras da Agrupación Cultural Guardesa

20:30h Actuación de Xerock

A maiores ao longo da tarde haberá actividades paralelas nas que se inclúen a realización dunha alfombra floral, práctica deportiva de remo ergómetro, un obradoiro de hockey e patinaxe, un obradoiro de decoración de palma, un obradoiro de henna, un obradoiro de chapas, unha exhibición de skate, xogos, circuíto e actividades de airsoft, obradoiro de “nós mariñeiros”, sopas de letras, aparellos mariñeiros, photocall e moito máis.

Domingo 12:

Este domingo celébrase en todo o país unha nova edición de Geolodía, toda unha serie de excursións gratuítas coordinadas pola Sociedade Xeolóxica de España, guiadas por xeólogos e xeólogas e abertas a todo tipo de público.

Especial protagonismo terá o granito, tanto o do monte Santa Trega como o dos montes circundantes, fonte de orixe dun recurso moi importante, o caolín por cuxa explotación e aplicación industrial ten destacado este municipio.

“Falaremos de como se forma o caolín a partir do granito e as condicións que deron lugar, entre o Mioceno e o Holoceno, aos xacementos de caolín da zona E, na mesma liña, descubriremos as evidencias do aproveitamento destes caolín dende o Neolítico e durante a cultura castrexa” recalcan.

A actividade, gratuíta e guiada, celébrase este domingo día 12 de maio no monte Santa Trega da Guarda, as inscricións están xa pechadas.

Ás 11:30h realizarase a visita guiada ao Castro de Santa Trega, que terá como punto de encontro a vivenda reconstruída do castro, e que terá unha duración aproximada de 30 minutos.

Ás 12:30h e ás 17:00 terán lugar dúas novas visitas guiadas ao Monte Santa Trega, con punto de encontro no Museo Arqueolóxico (MASAT), e que terán unha duración aproximada de 90 minutos.

Estas visitas guiadas son de carácter gratuíto e sen inscrición previa. Para os grupos de máis de 10 persoas é necesario facer unha reserva previa chamando ao teléfono 986 610 504.

A taxa de acceso ao Monte Santa Trega é de 1€ para adultos e de 0,5€ para os menores de 14 anos.

O Centro de Interpretación das Fortalezas no Castelo de Santa Cruz acolle a Exposición de maquetas e figuras de Praxíteles González na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como “Ponte do Tamuxe”, “Igrexa de Santa Mariña do Rosal”, “Muíño Serradoiro” e “Dúas vivendas rosaleiras”, todos estes, elementos do Rosal. Ademais das maquetas das catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista. Horario de 11:00h a 14:00h e de 16:00h a 19:00h.

Entrada: 1€ adultos e 0,5€ ata os 14 anos inclusive.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese