Formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial” na Guarda

15 de setembro de 2021·Por Prensa A Guarda1 minutos de lectura
Noticias Turismo

• Realizarase o mércores 29 de setembro en horario de 17:00h a 20:00h e é necesaria inscrición previa en atlantic.culture.scape@gmail.com. Enmarcada no proxecto Atlantic Culture Scape, a Casa dos Alonso da Guarda, acolle o mércores 29 de setembro unha sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”. Esta sesión formativa está dirixida a Ler máis

• Realizarase o mércores 29 de setembro en horario de 17:00h a 20:00h e é necesaria inscrición previa en atlantic.culture.scape@gmail.com

Enmarcado no proxecto Atlantic Culture Scape, a Casa dos Alonso da Guarda, acolle o mércores 29 de setembro unha sesión de formación sobre “Planificación Estratéxica Empresarial”.

Esta sesión formativa está dirixida a persoas, empresas e asociacións ligadas ao Sector Turístico e ao Patrimonio Cultural Inmaterial.

Na mesma traballarase conxuntamente sobre como (re)definir obxectivos empresariais, emprender iniciativas de negocio, buscar novos mercados de comercialización e deseñar plans de acción para adaptarse aos novos tempos.

Esta formación será complementada cun seguimento personalizado para afondar nos coñecementos de creación de plans de negocio específicos para cada empresa implicada nesta formación.

É necesario realizar unha inscrición previa a través do correo electrónico atlantic.culture.scape@gmail.com

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese