Un dos eventos musicais máis importantes do verán terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22.30 horas na explanada de Porto da Guarda. A entrada será libre ata completar aforo do recinto, as portas abriranse ás 21.30 horas. O Concello da Guarda súmase ao circuíto de Ler máis
- Un dos eventos musicais máis importantes do verán terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22.30 horas na explanada do Porto da Guarda.
- A entrada será libre ata completar o aforo do recinto, as portas abriranse ás 21.30 horas.
O Concello da Guarda súmase ao circuíto de música en directo Musigal da Deputación Provincial de Pontevedra cunha das citas musicais máis agardadas este verán na localidade, o directo dunha das bandas galegas máis recoñecidas «Heredeiros da Crus», que é presentado como o fenómeno musical do século en Galicia”. Terá lugar o sábado 9 de xullo ás 22.30 horas na explanada do Porto da Guarda.
Heredeiros da Crus leva exactamente 30 anos escribindo a historia do rock en galego. Os mesmos nos que estivo activo e durante os cales continúa o grupo con máis poder de convocatoria do noso acervo musical. Con dez discos no seu haber, os Herdeiros da Crus son o retorno constante á xenerosidade xeracional que lles fixo eterna a autenticidade e que transcende toda evolución e moda con temas que marcaron a vida de moitas persoas converténdose en verdadeiros himnos como “Quero josar”, “Vaiche boa” ou “Pero que ghallo é!”.
Nesta xira do 30 aniversario de Heredeiros da Crus teremos a oportunidade de «josar» dos seus verdadeiros sons na Guarda en estado puro, nunha noite que seguramente será lembrada por todos os asistentes.
Para o concelleiro de Turismo, Rafa Álvarez, este será un dos eventos musicais máis importantes para a localidade en moitos anos, un concerto que se enmarca no programa Musigal da Deputación Provincial de Pontevedra e que conta co financiamento da produción técnica por parte da Plan Concellos, unha aposta pola música que se fai en Galicia, para seguir poñendo á Guarda no escenario da cultura activa.
Rafa Álvarez tamén quixo lembrar outra das citas importantes deste verán na Guarda como é o Festival Mar de Blues que terá lugar esta fin de semana (1 e 2 de xullo) na Praza do Reloxo e que traerá á Guarda a músicos internacionais como Will Jacobs, Remi Bankyln ou Julian Vaughn.
Sen dúbida un verán repleto de propostas musicais, culturais e deportivas na Guarda, que se presentarán nos próximos días co lanzamento da Axenda Verán 2022.

