A Oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h. Esta Oficina Ler máis
A Oficina de Turismo Municipal da Guarda conta cun novo horario de funcionamento ata o 17 de decembro, prestando servizo de luns a sábados e festivos en horario de 10:00h a 14:00h e de 16:30h a 19:30h nas instalacións da Praza do Reló, en decembro pechará ás 18:30h.
Esta Oficina está integrada na Rede de oficinas da Deputación de Pontevedra – Rede Info Rías Baixas e durante este ano conta con dous informadores turísticos contratados grazas á subvención de dotación de persoal para as oficinas de turismo integradas en Rede Info Rías Baixas.
Máis información na Oficina de Turismo Municipal na Praza do Reló S/N ou chamando ao 986 61 4546 ou no correo electrónico turismo@aguarda.es
