Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González. Neste caso o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Turismo participaron Ler máis
Na tarde deste mércores día 17 de abril de 2019 celebrouse no Centro de Interpretación das Fortalezas, no Castelo de Santa Cruz, a Inauguración da Exposición que amosa o traballo do rosaleiro Praxíteles González.
Neste caso o Alcalde da Guarda e a Concelleira de Turismo participaron nesta inauguración na que se expoñen varias maquetas do artista rosaleiro, como Ponte do Tamuxe, Igrexa de Santa Mariña do Rosal, Muíño Serradoiro e dúas vivendas rosaleiras, todos estes elementos do Rosal. Ademais das maquetas das Catedrais de Santiago e Notre Dame. Completa esta exposición unha selección das máis de 40 esculturas realizadas polo artista.
Praxíteles, xa xubilado, di que necesita de proxectos coma este para ter unha ilusión e coller con ganas cada novo día, entre as súas obras destacan varias maquetas, da Casa Indiana na que se atopa o Centro Cultural da Guarda, da Igrexa Parroquial de Santa Mariña do Rosal ou tamén preto de 40 esculturas en barro e outras realizadas con materiais reciclados.
Praxíteles González ten realizado diversas exposicións dos seus traballos na Feira de San Gregorio de Pías, no Concello do Rosal ou no Centro Cultural da Guarda.
Ademais destas obras, Praxíteles é tamén escritor, con 5 libros editados como «Embaixadores dos Infernos» con tres edicións e que trata sobre a vida dos cabaqueiros; «Ribeiras do Baixo Miño» sobre os usos e