Luis Zahera volve á Festa da Lagosta, desta vez como pregoeiro

25 de xuño de 2024·Por Prensa A Guarda2 minutos de lectura
Noticias Turismo

A inauguración da XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira conta cun pregoeiro galego de proxección nacional: Luis Zahera, o recoñecido actor que foi premiado co Goya á Mellor Actor Secundario nos anos 2019 pola película “El reino” e 2023 por “As Bestas”. Este ano 2024 Ler máis

A inauguración da XXXII Festa da Lagosta e da Cociña Mariñeira conta cun pregoeiro galego de proxección nacional: Luis Zahera, o recoñecido actor que foi premiado co Goya ao Mellor actor de reparto nos anos 2019 pola película “El reino” e 2023 por “As Bestas”. Este ano 2024 foi distinguido coa Medalla de Ouro ao Mérito nas Belas Artes.

Dende hai unhas décadas Luis Zahera é un dos rostros habituais da pantalla grazas o seu talento e capacidade camaleónica para os diferentes papeis. Participou en numerosas películas e curtametraxes, destacando películas de gran recoñecemento como “Celda 211” ou “Todo es silencio” ou polos seus papeis en series de televisión. Moitos galegos o coñecemos como “Petróleo” en Mareas Vivas ou “Anibal” en Matalobos da TVG. Tamén participado con éxito en series a nivel nacional cómo “Sin tetas no hay paraíso”, “Sin Permiso” ou “Entreoveas”, por destacar algunhas. Recentemente estreou a súa nova película “Pájaros” onde é protagonista xunto con Javier Gutierrez. Luis Zahera ademais da súa faceta interpretativa tamén destaca polo seu bo humor habendo realizado monólogos con gran éxito.

A Festa da Lagosta de 2019 contou na programación coa súa presenza co monólogo CHUNGO deixando ao público fascinado, motivo polo que foi proposto como pregoeiro para esta edición. A localización do acto de inauguración será na Praza do Reló, o venres 5 de xullo ás 20:30h. Ademais do pregón, farase entrega da distinción “Lagosta de Honra” a unha entidade local en recoñecemento o seu desempeño e labor na promoción e recuperación da cultura na nosa vila. Nesta edición que contará cun especial protagonismo a música. O acto estará acompañado polos Bregadiers, conxunto de músicos que ofrecerán un acompañamento especial con ritmos swing, jazz e rock&roll. Unha vez rematado o acto os asistentes desprazaranse ata Porto de A Guarda para proceder á apertura oficial da carpa co pasarrúas dos Bregadiers.

Planifica a túa visita á Guarda

Descubre itinerarios personalizados e todos os lugares de interese